Il faut mourir
Levo uns días amolado a causa dunha molestia na espalda. Imaxino que son as “secuencias”, que din en Ribadavia, de fochicar ano tras ano no ordenador. Cando non aturo, salgo a pasear o meu malestar polas esquinas do barrio. Onte pola tarde atopoume un vello coñecido, un pouco máis novo de idade pero que xa anda tamén a xogar na segunda parte do encontro. Debía levar cara ruín, porque me preguntou que me pasaba. Nin