Gran verdade a que expón o catedrático de Filosofía Moral e Política da Universidade do País Vasco, Aurelio Arteta, no artigo de hoxe, luns, en El País: «Ocurre que vivimos tiempos relativistas, en los que se supone […] que no hay que esmerarse en convencer a nadie, porque nadie tiene el derecho de intentar persuadir a nadie y rige más bien la obligación de no dejarse convencer por nadie».
Por se alguén está interesado en saber algo máis sobre os tópicos ou xuízos de valor que tan a miúdo empregamos e que non son máis que prexuízos (ideas transmitidas polo sistema de valores hexémonico do momento) que acostumamos a compartir colectivamente e que orientan a nosa conduta: Aurelio Arteta: “Si todos lo dicen. Tantos tontos tópicos” (Ariel, 2011); “Si todos lo dicen. Más tontos tópicos” (Ariel, 2013). Como dicía Mark Twain: «Cada vez que se atope vostede do lado da maioría, é tempo de facer unha pausa e reflexionar».