Dicía Leopoldo María Panero que preferiría ser lembrado pola súa obra e non pola súa biografía… Meu rei, como se iso fora posible hoxe en día, máxime cando cumpres, como apunta Félix de Azúa, todos os requisitos da idea do poeta xenial e transgresor que ideou o romanticismo con figuras como Byron, Shelley ou Hölderlin e que tivo continuación no mozo Rimbaud, aquel pes lixeiros que renunciou á poesía aos 20 anos para asombro de críticos e estudosos da literatura que desde entón siguen intentando explicar o por que daquela decisión.
Como Hölderlin, aqueixado de loucura e recluído 37 anos na casa dun carpinterio nas ribeiras do Neckar, en Tubinga, tamén Panero, logo duns anos nos que se deslizou pola transgresión e o desenfreno, pasou boa parte da súa vida residindo en psiquiátricos, en réxime de libertade vixiada, a pensión completa ou a media pensión, e a sóas coa súa tolemia, os seus cigarrillos, as súas coca colas e uns versos cada día máis ensimismados. Hoxe, todos os medios de comunicación fanse eco da súa morte, incluso no telediario das tres, na primera cadea, dedicáronlle un minuto, que non queda mal poñer de cando en vez un poeta na sobremesa. Todos os medios subliñan a súa xenialidade, a súa loucura, a súa condición de raro, de supervivinte, de forasteiro do sistema. A verdade é que acabou sendo un tipo rentable para entrevistas e reportaxes nas páxinas culturais de revistas e xornais, como tamén foi e segue sendo Carlos Oroza. Ten a súa lóxica, necesitamos saber que hai outras cousas ademais do que el definía como “la realidad cacorra”.
«Vivo bajo la fantasía paranoica del fin
del mundo y no sólo no quiero salir de ella
que pretendo que los demás entren en ella».
Así escribía yo en la poética que me presentaba en la Antología Nueve novísimos de José María Castellet.
Ahora bien, volviendo de la locura a la locura de la página, tendré que decir que la fuente de mi literatura es la literatura misma, como en Pound. También he decir que odio la poesía confesional y biográfica, a pesar de que a veces –como en mi poema “la canción del croupier del Missisipi”- he incurrido en ella.
El alcohol, la droga, sirven para escribir, y lo mismo que la literatura, nos defienden de la realidad cacorra.
En fin, parafraseando a Mallarmé, tendré que decir que «la desesperación fue mi Beatriz».
-Leopoldo María Panero, “Poética”-