Un libro e unha ausencia en la menor (para oboe, clarinete e fagot)
No mundo de hoxe, no que a cultura pouco máis é que espectáculo, non resulta raro que incluso os actos institucionais se adornen con presentadora, audiovisuais e música culta. Así sucedeu no que tivo lugar o pasado venres no Parlamento, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Castelao co gallo do 70 aniversario da publicación da primeira edición do Sempre en Galiza: unha xornalista foi a encargada de conducir a sesión e entre