Un sempre anda cos ollos e os ouvidos alerta, pillando de libros, revistas, xornais, películas, cancións, conversas con amigos ou coñecidos, ou de descoñecidos, frases que escoitas ao pasar, paisaxes, situacións cotiáns… que sei eu. Cando teño a man lapis e papel adoito anotalas. Cando non, confío na memoria. En calquera dos dous casos, a inmensa maioría pérdense na miña cabeza ou na lea de papeis e cadernos esparexidos en múltiples recunchos da casa. Onte, revisando un dos cadernos que emprego para os traballos serios (aqueles que me pagan), atopei unha frase dun artigo de Sánchez Salorio, publicado en maio, en La Voz de Galicia, baixo o alias de Doktor Pseudonimus e o suxerinte título de “Memoria, lenguaje y corazón”. Sánchez Salorio pertence á pequena familia de médicos humanistas galegos, os Nóvoa Santos, Rof Carballo, Cabaleiro Goás, García-Sabell ou Santiago Lamas, por citar aos máis coñecidos entre os mortos e os vivos. A recomendación de Salorio, que copio a continuación, é tan sensata que creo que paga a pena tomala en consideración, sobre todo nestes tempos, un chisco sombríos, e máis á volta das vacacións, momento no que, segundo os psicólogos de suplemento dominical, estamos cargados de boas intencións e proxectos de cambios para as nosas vidas. “Háganme caso: cuiden, alimenten, cultiven su memoria. Con el amor y el esmero con que Laertes cuidaba su huerta. Porque si no lo hacen llegará un momento que sólo tendrán palabras para hablar de las inclemencias de la meteorología, de miserias fisiológicas o de que todo cada día esté más caro. Sólo sabrán quejarse. Lo que además de ser una tristeza es una vulgaridad. Y también, dicho sea con perdón de todos los asnos que en el mundo han sido, un “a-burrimiento””.
Unha recomendación
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir