4.000 CADEIRAS
Foi a lei que prohibía fumar no interior de bares e cafés a que fixo que as terrazas deixaran de ser estacionais e ocuparan, coa axuda de toldos e aparellos para quentar, prazas e rúas que non as coñecían moitos meses do ano. A ocupación temporal foi tamén espacial. Como se lembraran os vellos costumes ilícitos campesiños do país, os hosteleros ou hostileiros, que de todo hai, comezaron a mover as “lindes” facendo que devagar,