Hai homes así, arroutados e fachendosos aínda que eu non atopei moitos pero este semellaba ser un arroutado frío, unha curiosa variante dos temperamentos afoutos. Tería uns trinta e cinco anos e uns seis pés de altura como era obrigado nas vellas novelas do Oeste, e polo que máis tarde aconteceu, sabía “disparar” e tamén disparatar. Non levaba tatuaxes, nin ferranchos, nin vestía pantalón corto de explorador polo que era un home, poderíamos dicir, clásico, polo menos na aparencia.
Levaba tempo ollando para a fermosa rapaza sentada nunha mesa preto da súa que tecleaba sen pouso no seu teléfono. Non podo dicir se houbo ou non intercambio de olladas ou se dera o caso de que o home “nos seus olhospercevera un convite para eu avançar” que di a Valsa das paixoes de Marco Rodrigues. O caso é, que de súpeto, el deixou a súa mesa achegouse á da rapaza e sen máis díxolle:
- Hai pouco tomei unha viagraque me regalou Aaron[1]pero falloume a cita e me pregunto se vostede a quere aproveitar
Nunca tal ouvira. Pensei que só había dúas réplicas posibles: Unha labazada (moi merecida) ou un rir á esgalla ( a segunda sería máis humillante… ou non).
A rapaza non fixo nada de iso:
- ¿Unha viagra?. Tan novo e xa con viagra. Non tomo nada con aditivos.
- Non teño outra. Son escravo sexual dunha muller que semella o bocoi das Danaides
- Escravo sexual ?….Danaides?. Vouche dar eu a ti Danaides. Tira para casa que hoxe tes que cociñar ti… E despois quero postre…
- Con estes xogos de parellas( e sen eles) as cousas non sempre son o que parecen. Sospeito que son unha parella máis ou menos felíz.
[1]Aaron é un hacker coñazo que fainestaspáxinaspublicidade de Viagra