Tempo de defuntos e castañas
Por Todos os Santos acostumo baixar a Ribadavia para participar coa pouca familia que me queda no ritual de visitar aos defuntos. Non son home relixioso, mais gusto ir de cando en vez ao cemiterio da vila para dedicarlle algo así como unha oración laica e calada aos que quixen e cos que tanto compartín e xa non están conmigo. Ademais, o cemiterio é agradable, quero dicir que non é dos novos