1. O que contaba onte Félix de Azúa na súa columna de El País: «La verdadera creencia (o la verdadera fe) que dirige moralmente a nuestra sociedad es la de la técnica, casi siempre asociada con una promesa siniestra: el progreso».
2. O cada vez maior número de persoas que din saber en qué consiste comportarse dun xeito adecuado, pensar correctamente, distinguir entre o ben e o mal, entre os nosos (os bos) e os outros (os malos). Semella que os pecadores, os contraditorios, os ambiguos, os do «asegún», que diría Risco, temos pouco futuro. E co que me gusta a min pecar e mesmo ser condenado ao inferno (iso si, en boa compaña).
3. Os moitos e moitas que din ter unha ética persoal pero que non están dispostos-as a pagar por ela cando infrinxen a legalidade vixente.
4. Que siga tendo tanto peso neste país a opinión visceral, maleducada, rexeneracionsita e españolísima (tamén podería dicir galeguísima ou semellantes) de que todo ten arranxo con catro xustos que se puxeran a traballar no tema. E afirmo isto sen acollerme á política do Yahveh bíblico destrutor de Sodoma e Gomorra.
5. Que alegría e a coraxe sigan sendo tan escasas.
6. Que non sexamos quen de poñer en cuestión as tonterías coas que vada vez máis a miúdo nos bombardea o Estado médico.
7. Que a opinión persoal, sen información e argumentos razoables, teña tantos seguidores.
8. A marea de sentimentalidade que nos abafa (polo menos a algúns).
9. Que un aínda siga confiando na palabra e na conversa pensando que somos Babel.