Camiñar, recitar, cantar (a homenaxe a Oroza como desculpa)
Escoiteino recitar tres veces, as tres en Santiago. A primeira na Galería Sargadelos, en 1980, cando Sargadelos era alguén. A segunda debeu ser sobre mediados da mesma década, no auditorio de CaixaGalicia, na Carreira do Conde. A última, coa voz xa moi apagada, no Salón Teatro, a comezos dos anos noventa. Lémbrome sobre todo da primeira porque fun na compaña do Sergio e conseguimos colarnos grazas a súa cara bonita no pequeno espazo da galería