Hoxe máis que nunca tamén son Charlie
A revista Hara-Kiri, «xornal parvo e ruín», e o semanario satírico Charlie Hebdo foron dúas publicacións que descubrín cando comecei a viaxar a Francia e á Suíza francesa alá polos anos 70. Desde entón e durante moito tempo fíxenme adicto. Mesmo cheguei a mercar o Charlie Hebdo en Santiago, cando a prensa internacional aínda chegaba á cidade con certa regularidade. O último número merqueino no país veciño fai poucos anos, no aeroporto Sá Carneiro, aproveitando