NASRUDIN
Non se sabe moito da existencia de Nasrudin, unha especie de filósofo popular, persa, azerbaiano ou turco segundo as fontes, que dende o século XIII en adiante representou no Islam o papel, hoxe impensable, dun crítico que conta historias e chistes para endereitar os excesos dos fanáticos e dos gobernantes. Vencellado á tradición sufí, as súas historias, hai que supoñer que apócrifas moitas delas, foron recollidas en escolmas que percorreron o Mediterráneo e chegaron