BIBLIOTECA PÚBLICA
Levaba tempo na procura dun libro dun filósofo italiano do que me chegaran novas por un amigo. Ao cabo, despois dunha hora percorrendo librerías en Internet atopeino na Biblioteca Pública. Na pequena folla que agora engaden na Biblioteca na primeira páxina para marcar as veces que un libro se presta, figuraba unha única petición anterior: 23 de xaneiro do 2015. Teño o costume de sinalar nos libros que leo aquelo que por diversas razóns