CAOS
Hai, polo visto, dous tipos de sistemas caóticos. Os do primeiro tipo son caos que non reaccionan ás predicións que se fagan sobre el. É o caso da meteoroloxía. O bater das ás dunha bolboreta nun cabo do mundo pode encetar un cambio que leve a un asolagamento tempo despois noutro cabo do mundo o que fai que non sexa doado facer unha predición exacta pola imposibilidade de rexistrar todas as miudallas que poden