O demo e o populismo
Critícanlle ás novas forzas políticas, ás veces con razón, a caída no populismo, un fenómeno que alcanza ás dereitas e ás esquerdas, sobre todo nestes tempos nos que as democracias son incapaces de solucionar os graves problemas económicos e sociais que sufren unha boa parte dos cidadáns. Resulta fácil acollerse ao populismo —como tamén ao pensamento máxico—, aínda cando sabemos polas experiencias coñecidas que este non acostuma solucionar ningún dos problemas que denuncia