Los fascistas del amor
Así se chamaba unha das comparsas do carnaval de Ribadavia alá polos anos anteriores á Segunda República. Pouco máis se sabe dela, polo de agora, que o que revela a fotografía: un grupo de homes da vila disfrazados ao xeito dos fascistas italianos. Coñécense aos membros da comparsa, pero non as cancións que interpretaban e que semella foron compostas, como tantas outras da época, por Luis Brage Villar, célebre músico compostelán e director da