Paciente Cero
Cando lin, fai unhas semanas, na revista Letras Libres do pasado mes de abril, o relato “Paciente Cero”, do escritor mexicano Juan Villoro, pensei que axiña comezaba a ver a luz a literatura relacionado coa actual pandemia e que non tardarían o resto das manifestacións artísticas en facerse eco, dalgún xeito, do asunto do coronavirus. Os humanos acostumamos a repetirnos, e os artistas tamén. Sylvia Plath recordaba no seu diario, o 1 de