Unha recomendación
Un sempre anda cos ollos e os ouvidos alerta, pillando de libros, revistas, xornais, películas, cancións, conversas con amigos ou coñecidos, ou de descoñecidos, frases que escoitas ao pasar, paisaxes, situacións cotiáns… que sei eu. Cando teño a man lapis e papel adoito anotalas. Cando non, confío na memoria. En calquera dos dous casos, a inmensa maioría pérdense na miña cabeza ou na lea de papeis e cadernos esparexidos en múltiples recunchos da casa. Onte,