Le Bataclan: 2015-1972 / Matar
Din os asasinos iluminados do Estado Islámico no comunicado reivindicativo do atentado terrorista de París, para xustificar diante dos seus seareiros a matanza de máis 80 persoas que asistían a un concerto na Sala Bataclan, que alí «estaban reunidos centenares de idólatras nunha festa perversa». Coñezo ben este ton tan querido por todos os fanáticos relixiosos porque tiven que aturalo de neno e adolescente no formato do nacional catolicismo franquista, aínda que de xeito