Encontros [na terceira fase]
Volvemos á vila nun día asollado de finais de marzo. Aínda que sopraba un aire lene sen a calidez do que acostuma facer alí nos bos días de primavera, puidemos gozar dunha agradábel comida baixo os soportais da Praza da Madalena. Estabamos os amigos de antano: algúns dos que marchamos ou fuximos fai moitos anos do lugar e os que quedaron, e no silencio e na sombra os que xa só seguen vivindo