De libros e lectores
Teño un amigo aposentado, lector impenitente, co primeiro que fai todas as mañás ao saír da casa e antes de asistir ao café/faladoiro diario é pasar pola súa librería de confianza para preguntar por un libro que lle interesa e/ou pasar un tempo folleando volumes de todo tipo dada a súa condición de lector case omnívoro. Os domingos, sufre, agás cando hai mercado de rúa na cidade e pode dedicarse a buscar algunha