O bispo irlandés James Usher, despois de cálculos bíblicos, feitos moi polo miúdo, chegou a conclusión a mediados do século XVII, que o mundo fora creado o 23 de outubro do ano 4004 a.C, ás nove da mañá. Anos máis tarde, John Lightfoot, profesor en Cambridge, afinou a data e dixo que o mundo foi creado no ano 3929 a.C pero mantivo o día, a hora e o mes de Usher, que por “azar”, hai que supoñer, coincidía co día de apertura de curso da Universidade de Cambridge. Houbo que agardar a que a xeoloxía e o rexistro fósil foran poñendo as cousas no seu rego e houbo que agardar tamén, a que Darwin descubrira o xeito no que ese mundo evolucionaba. As reticencias, como é sabido, foron moitas. Unha dama vitoriana, informada das ideas de Darwin, tivo unha resposta moi acaída coa época: !Que descendemos dos simios!. !Deus do ceo!. Espero que non sexa verdade pero si é certo, roguemos para que non se divulgue…
Darwin, non tiña por costume acudir ás leas sociais ou científicas onde se discutían as súas teorías. Tiña para iso, defensores espelidos, como o biólogo Thomas Henry Huxley que pola súa afervoada e nalgunhas ocasión alporizadas defensas da evolución, era considerado o bull-dog de Darwin. Na liorta de máis sona na que Huxley participou tivo como contrincante ao bispo Wilberforce. Este, empoleirado no seu maxisterio, preguntou a Huxley : ¿Os seus devanceiros simios son por parte de nai ou de pai?. A demorada resposta de Huxley non foi tan espelida. Alporizado e ao tempo calmo, dixo que preferiría ser familia dun simio que dun home como o bispo, que utilizaba tan vilmente as súas habelencias oratorias para tratar de destruír mediante unha mostra de autoridade, unha discusión libre sobre o que era ou non verdade e rematou dicindo que nestas leas, a autoridade é a que xurde da investigación e dos feitos.
Unha lea máis longa e máis científica, foi a que durante anos mantivo Huxley con Richard Owen, fundador da ciencia da anatomía comparada. Owen, pensaba que os seres humanos eran únicos e salientaba, máis cas semellanzas, as diferenzas existentes entre as especies animais. Para Owen, a non existencia de especies de morfoloxía intermedia, como xirafas de colo a metade de longo que as coñecidas, (o Okapi foi descuberto máis tarde) eran probas que ían en contra dunha evolución gradual. Como anatomista comparativo, afirmou que había nos humanos unha estrutura anatómica, o hipocampo menor, que non existía en ningunha outra especie. Huxley, fixo as súas propias diseccións e non atopou o hipocampo menor o que non fixo amolecer a lea que se mantivo vinte anos até que Owen morreu ao caer do cabalo e golpear a cabeza no chan. Cando chegou a nova a Huxley, este non foi moi agasalleiro con Owen. Dixo: ao cabo, o cerebro do bispo entrou en contacto coa realidade e o resultado foi fatal.
Agás os creacionistas, mesmo na versión do deseño intelixente, ninguén nega hoxe a teoría da evolución o que non sei é se Huxley, despois de pasar unhas horas lendo xornais, ollando o telelixo, e escoitando os discursos de moitos dos nosos políticos, respostaría tan alporizadamente á pregunta do bispo Wilberforce e ao abraio da dama vitoriana: ¿Que descendemos dos simios?… Moitos políticos semella que (aínda) non o fixeron… seguen sendo simios pero «descender»… descenderon.
1 comentario en “DE SIMIOS”
A diferencia de la dama victoriana escandalizada de nuestros antepasados simios, Oliver Sacks opina en “El río de la conciencia”, que leo en este momento : ” Me alegra ser consciente de mi singularidad, antigüedad y parentesco biológico… La teoría de la evolución nos proporciona una sensación de sentido y satisfacción profundos que no encontramos en el plan divino” Muchos estamos de acuerdo con el Dr. Sacks que habla en este libro del Darwin botánico más desconocido.
PD. Ahora he recordado de dónde venía lo de la “vagina dentata” de la que se hablaba esta mañana. En un trabajo sobre lampreas, se decía que la boca de este animal monstruoso la recordaba. Freud la definió como la idea de ser devorado o castrado Una idea bastante delirante que ha existido en casi todas las culturas.