NO DÍA DOS MAIOS.
O Velho do Restelo, no día dos maios 1.- Un maio é unha imitación dunha árbore que rexurde na primavera despois da invernía. En Pontevedra, na miña mocidade, (xa van anos) os maios eran, e coido que seguen a ser, cónicos, adornados con laranxas sobre bases de fiúncho, musgo ou xestas e acostuman ir na compaña de coroas no cumio dun pau longo. Son fermosos. Un rapaz, métese dentro do maio e canta unha