UNHA FOTO. UNHAS REGRAS
A foto mostra o que quedou da Librería de Holanda en Londres desfeita polas bombas alemás en 1941. Co teito no chan ateigado de trabes e tellas, pero cos libros nos andeis, tres homes con chapeus e gabardinas, miran, follean ou procuran libros entre os cascallos como se alí non pasara nada Daquela aínda mantiñan os británicos o estoicismo vitoriano, a flema, o que eles chamaban o stiff upper lift e o mesmo fixeron os