A CAPITAL DOS CAXATOS
“Veinte atropellos en Ourense en los dos últimos meses” (Dos xornais) Supoño que hai que chegar a certa idade, poño por caso setenta anos, para se decatar de certas cousas que ata entón pasaban desapercibidas. Unha desas cousas,ata agora para min invisible,é a chea de xente que camiña pola rúas de Ourense coa axuda dun caxato, (ás veces dous) ou se despraza nunha sella de rodas motorizada, ás veces conducida de tal xeito, que