A historia do conde anglo-saxón Tostig e do seu irmán Harold tal como a conta o islandés do século XII SnorriSturluson sempre foi para Borges un exemplo épico que lembraba a pouco que a conversa o permitise. Na Inglaterra do século XII despois de moitas liortas e batallas polo trono entre o conde Tostig e o seu irmán Harold, o exército de Tostig e o do seu aliado o rei norueguésHaraldHadrada, enfróntanse na batalla final nos campos de York co de Harold, agora rei de Inglaterra. Un mensaxeiro de a cabalo achégase a Tostig e Harald:
-¿Está o conde Tostig?.
-Non nego estar aquí.
– Si es Tostig veño dicirche que o teu irmán ofrécechete o seu perdón e a terceira parte do reino.
– Si acepto…¿Que dará o rei ao meu aliado HaraldHadrada?.
– No o esqueceu. Daralle seis pés de terra inglesa e como é tan alto un pé máis.
– Entón dille ao teu rei que loitaremos ata morrer.
Harald pregunta a Tostig:
-¿Quen é ese mozo que falou tan ben?
Tostig responde:
– É o meu irmán.
-Non é moi alto pero está firmemente sentado no seu cabalo.
A escena, di Borges, foi se cadra, inventada por Sturluson, seguindo a tradición das sagas islandesas que gababan tanto as fazañas propias como as alleas. Tostig e Harald foron derrotados por Harold e morreron na batalla pero a sorte de Harold non foi mellor. Poucos días despois da vitoria sobre Tostig,Guillermo o Conquistador, Duque de Normandía, que tamén reclamaba o trono desembarcou nas costas inglesas e derrotou a Harold na batalla de Hastings (1066) converténdose no primeiro rei normando de Inglaterra e comezando así un tempo no que os nobres saxóns foron substituídos normandos e se impuxo como lingua da corte o francés anglonormando que tantas pegadas deixaría na lingua inglesa.A vitoria militar de Guillermofoi celebrada tempo despois polo que hoxe se coñece como o tapiz de Bayeuxunha longa tea de liño bordada de 70 metros onde se contan e celebran os sucesos previos á invasión e a batalla de Hastings pero non a batalla de Harold contra Tostig e HaraldHadrada. Hai dúbidas de quen foi o que o mandou tecer pero son apenas dúas as posibilidades: a esposa de Guillermo, a raíña Matlde ou o seu medio irmán o arcebispo Odo[1].
Sturluson (1178-1241 que foi poeta, avogado, teólogo e historiador, debía coñecer o latín e ter algunha familiaridade cos clásicos gregos e latinos. Borges fala del como se fose un Tucídides escandinavo que dramatiza a historia dos primeiros reis de Noruega que escribe seguindo as técnicas dos versos das sagas. De feito, o estilo sobrio da escena de Tostig e Harold, aseméllase ao estilo retórico enxoito dos espartanos. Plutarco conta que os espartanos mandados por Míndaro que foron derrotados por Alcibíades enviaron a Esparta unha mensaxe que dicía:
Perdéronse as naves; Míndaro, morreu; os homes pasan fame; non sabemos que facer.
Os éforos que gobernaban Esparta aínda foron máis alá cando na Guerra do Peloponeso, o xeneral espartano Lisandro despois de tomar a cidade de Atenas, enviou unha mensaxe a Esparta: Tomada Atenas. Os éforos contestaron: Abondaba con “tomada”.
Os tempos son agora outros. Na política todo é “lingua de madeira”,políticos iletrados e gobernos pusilánimes.Non se trata de lles pedir un comportamento épico pero polo menos unha certa afouteza. Aínda así non viña mal que alguén tecera un tapiz do acontecido nestes últimos tempos no país. Para non esquecelo, digamos…
[1] Conservado en Bayeux, Normandía, o presidente francés Macron vai permitir que por vez primeira na historia o tapiz poida ser exposto en Inglaterra