En 1970, dous entomólogos alemánsdescubriron nas selvas de Malaisia unhas formigas curiosas da especie Campanotus. As obreiras desta especie son os soldados do formigueiro pero a súa estratexia defensiva-ofensiva e moi diferente á doutras especies como as Pheidole que, se non hai inimigos presentes, percorren preguizosamente a colonia ata que teñan que empregar as súas podentes mandíbulas para cortar con elas como se fosen unhas tesoiras as patas e cabezas dos intrusos que ameazan a colonia. As Camponatus, son as mártires suicidas das formigas. Teñen dúas glándulas enormes cheas dunha substancia tóxica que percorren o seu pequeno corpo dende a cabeza ata a parte posterior. Cando se senten acurraladas na loita contra os intrusos que, poden ser outras formigas ou un depredador, contraen de sutaque os músculos do ventre que estoupa e morren espallando a substancia tóxica que mata a todos os inimigos que estean ao seu arredor. As formigas non matan nin morren no nome dunha ideoloxía. Están programadas pola evolución para comportarse asícando son atacadas e non hai nada inmoral no que fan. Envolver a tres nenas de 10 anos cuns cintos de explosivos e levalas a un mercado en Nixeria ateigado de xente para que se inmolenfacéndoos estoupar, morrendo elas e matando a máis de 50 persoas inocentes, é algo que revela que, só o Mal, esa antiga palabra que a xente honesta conserva para feitos coma estes, pode abranguer.Esas nenas foron inmoladas polos islamitas de Boko Haran. Islamitas, fieis desa relixión que se autoproclama, “de paz”.
FORMIGAS
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir
Santiago Lamas
Santiago Lamas
Artículos, ensayos, escritos varios, que merecen mucho la pena de adentrarse en lo que pare esta cabeza biblioteca. Santiago Lamas, gallego borroso, estudioso y perfeccionista hasta el finisterre extremo, nos exige un mínimo esfuerzo para comprenderlo, ¡faltaría más! ¡sobra menos!.
Más artículos de este autor