Hoxe morreu o noso gato, unha herdanza da filla que deixou, como é case lei nestes casos, ao coidado dos seus pais cando marchou polo mundo adiante. Se non era o gato máis vello do mundo estaba a piques de selo. Dentro de cinco meses cumpriría 24 anos, algo así como se algún de nós tivera 110 ou 115 anos. Ata case o final, conservou esa lixeireza felina que define á súa especie e tamén ese “ir ao seu” non menos propio da súa raza. Os últimos días, tolleito como estaba, deixou de comer, non de beber, fixo un novelo cuberto por unha manta e foise sen laios. Levámolo a soterrar na poula a carón da casa da aldea. Acompañounos moitos anos e moitos máis, como especie, acompañou á humanidade.
O primeiro animal en ser domesticado foi o can polos cazadores-recolectores de hai miles de anos. Foi daquela, van 10.000 anos polo menos, un axudante imprescindible na caza. Hoxe, segue a ser un colaborador eficiente na caza e ten algunhas novas funcións como can de garda ou animal de compañía que nos vellos tempos non eran tan importantes. O gato foi domesticado máis tarde polos agricultores para manter as colleitas gardadas nos canastros e combarros, libres de ratos. O can como descendente do lobo, e xerárquico e gregario. Obedece as ordes de quen é o amo se o recoñece como tal. O gato, vai ao seu. Caza, pero cando lle peta e ao seu xeito.
Rousseau tiña o costume de poñer a proba os seus interlocutores preguntándolle polas súas preferenzas en canto a cans e gatos. Un día preguntoulle a James Boswell, o biógrafo do dr Samuel Johnson: ¿Gústanlle os gatos?.Boswell respondeu: Non. Rousseau: Estaba seguro. É o meu test de carácter.Velaí ten vostede o despótico instinto dos homes. Non gustan dos gatos porque son libres e xamais consenten en se converter en escravos. Nunca farán nada que se lle poida ordenar como fan outros animais.
Non estou moi de acordo con Rousseau, se cadra porque non teño vontade ningunha de escravizar a ninguén e vanme máis os cans que os gatos. Creo ademais, que o test ensina pouco sobre o xeito de ser da xente. O mesmo Rousseau por exemplo, gorentaba dos gatos pero deixou a todos os seus fillos nun hospicio pouco despois de nacer. Gustábanlle os gatos pero os fillos parece que non.
1 comentario en “CANS E GATOS”
“Tampoco las gallinas” contestó Boswell. Las virtudes que les atribuimos a según qué animales dependen de como y quiénes somos. No recuerdo quien dijo( podría consultarlo en Internet pero no merece mucho la pena) lo de cuanto más conozco a la gente más quiero a mi perro… Claro, porque el perro no le contesta, uy si lo hiciera, ni lo juzga, ni siquiera le importa lo que hace su dueño. Tengo fobia a mayoría de los animales, muy a mi pesar, pero los respeto en la medida en que mi hándicap me lo permite. No creo que un pastor alemán, el más hermoso de los perros, deba vivir confinado en un piso; su vida se limita a una o dos salidas al día de varios minutos, luego a ver la tele. Hemos pasado de “trastear” a los animales a tratarlos mejor que a los seres humanos, a los buenos digo. Todos conocemos a mucha gente que besa, abraza y duerme con un gato o pero pero no visita a sus mayores en las residencias o, les cuesta escucharlos dos minutos. Atribuir a los animales cualidades humanas, , depende de la perspectiva del que lo hace. Desde la mía, mi fobia, creo que son buena compañía, siempre desde su lugar, el de los animales. Rousseau ha dicho muchas barbaridades, pero muchas y ha hecho otras peores. Ser intelectual e inteligente no exime a nadie de decirlas, como si el cerebro tuviera compartimentos estancos donde no hay comunicación posible. Siento lo de su gato.