Van xa moitos anos dende que Max Weber afirmou a existencia de dúas morais, a moral da convicción ou da conciencia e a moral da responsabilidade. Aqueles que se moven pola moral de convicción non se preocupan máis que de axustarse aos seus principios e á pureza das súas nobres intencións sen se preocupar polas consecuencias aínda que sexan contrarias ao pretendido. Ë unha moral, di Weber, que é axeitada para mártires, santos profetas e contemplativos, pero aquel que entre en política ten que se gobernar pola moral da responsabilidade que ten sempre en conta as consecuencias das súas accións. Dende a moral da convicción pódense dar papeis para todos os emigrantes ilegais, dende a moral de responsabilidade non. Hai que saber cales van ser as consecuencias de tal medida sobre o mundo laboral e social que os acolle.
De moral
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir
Santiago Lamas
Santiago Lamas
Artículos, ensayos, escritos varios, que merecen mucho la pena de adentrarse en lo que pare esta cabeza biblioteca. Santiago Lamas, gallego borroso, estudioso y perfeccionista hasta el finisterre extremo, nos exige un mínimo esfuerzo para comprenderlo, ¡faltaría más! ¡sobra menos!.
Más artículos de este autor