Hai varias débedas que Ourense ten con Jácome comparta ou non as súas ideas. A primeira: televisar os plenos do Concello. Hoxe ninguén poderá dicir que o seu voto non é un voto informado. Pleno tras pleno puidemos coñecer como pensan e falan os concelleiros que escolleu a cidadanía. Eu, ademais de Jácome, salvo a seis, se cadra sete. Os demais están mellor na casa. Segunda: defender o que moita xente pensa e non se atreve a dicir e facelo sen medo aos populismos e demagoxias. Terceira: denunciar o que cumpría denunciar dende hai moitos anos e levar á xustiza o que fose preciso. Cuarta: a claridade do que pensa facer. Fronte os alambicados e gaseosos discursos de “traballaremos polos ourensás“ e variantes do mesmo xeito, Jácome, propón 25 puntos moi precisos que poden ser criticados, refutados, esixidos ou cumpridos.
Onte, unha vez máis falando destas cousas, escoiteille a un votante do nacionalismo (sen moita definición partidaria) criticar como moitos outros, o estilo “parlamentario” de Jácome que consideraba arroutado, aldraxante, carente de respecto, mesmo “tabernario”. Non se pode negar que non é un estilo moi requintado e que está de certo un tanto achegado a esas críticas que o meu interlocutor invocaba pero cómpre dicir, que tampouco está moi lonxe das maneiras da Cámara dos Comúns británica. O meu interlocutor vía ademais a palla no ollo alleo e non a trabe no propio pois non negaba as súas simpatías por un parlamentario que da puñadas diante do escano do presidente autonómico, chámao narcotraficante entre outros epítetos do mesmo feitío e acusa os do PP de imbéciles e de “yihadistas católicos”. Jácome non da puñadas: recíbeas. Non ten “palmeros” nin parece precisalos. Non imaxino o Concello sen Jácome. Veremos o que pensa a cidadanía…
Farto FartinidellaGherardesca
1 comentario en “JÁCOME”
Lo que se escribe aquí es bien cierto y, no sólo, sino que Jácome ha oído por activa y pasiva los mismos inconvenientes que le impiden llegar a la meta. Se lo dicen por la calle a cada momento, sus propios votantes están de acuerdo en esto. Pero es difícil cambiar según qué cosas , nos pasa a todos. El Jácome más puro sale a relucir en cualquier momento una y otra vez porque él es así. Es posible, supongo, algunos cambios : manera de vestir, formas de hablar, con práctica y empeño pero otras, son su naturaleza. En lo bueno y en lo malo. En la política, no solamente son necesarias las buenas intenciones, las “formas” también cuentan. Más de lo que parece.