Presentación libro traducción de Raúl Gómez Pato

Fecha/Hora
26/09/2017
20:15 - 21:15


Nicolás Chamfort (1740-1794), “moralista da rebeldía” en palabras de Albert Camus, inscríbese na tradición francesa, florecente nos séculos XVII e XVIII, de análise do corazón humano e descrición crítica dos costumes da época. Fillo da Ilustración e activamente comprometido co proceso revolucionario de 1789, deixounos unha incitante obra de tipo fragmentario (aforismos, reflexións) que non chegou a ver publicada en vida. A súa pegada -como orixinal expresión literaria dun modo de ver a condición humana- é reconocible en autores como Nietzsche, Jünger, Beckett, e Cioran.

Raúl Gómez Pato, cursou o Bacharelato na Universidade Laboral de Ourense. Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, imparte clases de Latín e Grego no IES de Valga (Pontevedra). Pintor, gravador, ilustrador de libros e revistas, ten publicados cinco libros de poemas, polo último dos cales, Máscaras de espellos, obtivo o ano pasado o I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro do Concello de Guitiriz.

Traduciu ao galego, do latín medieval, o bestiario Libellus de natura animalium (= Libriño sobre a natureza dos animais, 1999); do grego, a obra completa de Safo (Cantos e fragmentos, 2008); unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns (Unha rosa encarnada, 2014); e do francés Nicolás Chamfort, a obra que agora se presenta, Produtos da civilización perfeccionada. I Máximas e pensamentos. Pequenos diálogos filosóficos.

Ademais de participar en varias obras colectivas, publicou, no ámbito da Literatura infanto-xuvenil, Cousas de papá (2016, Xerais). Na actualidade dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte, destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores a 1990.

 

 

 

 

Deja una respuesta

Scroll al inicio