Fiesta aniversario The Rebel

Fecha/Hora
12/05/2017
20:00 - 23:00


Celebramos por todo o alto o aniversario de The Rebel na data e a hora na que se cumple exactamente un ano dende a estrea no Auditorio Municipal de Ourense, cunha festa no espazo de comunicación onde este proxecto naceu, El Cercano, en Ourense. Teremos un photocall, decoración e música irlandesa, tertulia coa xente do equipo, respostaremos as vosas preguntas, contaremos curiosidades e anécdotas e como prato forte a proxección da película “THE REBEL ACTION”, o making of completo do proxecto, dende a grabación do disco no estudo ata a estrea no Auditorio, pasando polos ensaios de actores e banda, filmación dos videoclips e das pezas cinematográficas, reunións de producción, promocións nos medios de comunicación, ou esamblaxe do espectáculo. Todos os segredos detrás da opera rock “The Rebel” quedarán desvelados. Esta será a única vez na que temos pensado proxectar esta película, polo que soio poderá ser vista nesta ocasión, xa que a fixemos para nos e para o equipo. Unha versión reducida da mesma podería aparecer nun futuro como contenido extra no caso de que editásemos un DVD de “The Rebel, a película” que nestas datas estamos a proxectar por toda Galicia. A entrada é gratuita ata completar o aforo.

Miguel Caride

Deja una respuesta

Scroll al inicio