VIVIR A GALOPE

Mapa no disponible

Fecha/Hora
30/04/2019
20:00 - 21:30


MARIA XOSE QUEIZAN

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista ” Festa da palabra silenciada ” e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: ” A orella no buraco ” (1965), ” Amantia ” (Xerais 1984), ” A semellanza ” (1988), ” O segredo da Pedra Figueira ” (Xerais 1989, 2003), ” Amor de tango ” (Xerais 1992), ” O solpor da cupletista ” (Xerais 2003, 2013), ” Ten o seu punto a fresca rosa ” (Xerais 2000), ” Meu pai vaite matar ” (Xerais 2011), ” A boneca de Blanco Amor ” (2014) e ” Son noxento ” (Xerais, 2015), ademais do volume de relatos ” Sentinela, alerta! ” (Xerais 2002, 2015) e a biografía ” Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros ” (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: ” Metáfora da metáfora ” (1991), ” Despertar das amantes ” (1993), ” Fóra de min ” (1995), ” Non o abras como unha flor ” (Xerais 2004) e ” Cólera ” (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia ” Antígona, a forza do sangue ” (Xerais 1991), o drama ” Cartuxeira ” (2008) e a comedia ” Neuras ” (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: ” A muller en Galicia ” (1977), ” Recuperemos as mans ” (1980), ” Evidencias ” (Xerais 1990), ” Escrita da certeza ” (1995), ” Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal ” (1998), ” Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades ” (Xerais 2004), ” Anti natura ” (Xerais 2008), ” Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial ” (Xerais 2011) e ” Rosalía de Castro e o poder sexual ” (Xerais 2017). Foi nomeada Socia de Honra da AELG en 1998, recibiu o Premio Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), o Premio Irmandade do Libro (2013) e o Premio da Cultura Galega (2016).

 

EL LIBRO

Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época. Desde os primeiros anos da súa infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora María Xosé Queizán vai debullando a súa vida en primeira persoa. Nela afloran os ecos dos distintos tempos que viviu e protagonizou. Esta é unha obra que, sen dúbida, redimensiona a súa autora na Galicia deste último medio século. María Xosé Queizán escribe impulsada, como aclara no limiar, pola súa propia conciencia: «Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actúo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a actuar para non interromper o labor».

Deja un comentario