THE REBEL ACCIÓN. (Artículo de Afonso Vázquez-Monxardin)
Recoñezo que é un pouco forzado o xogo de palabras. Pero ten a súa lóxica. A acción de The Rebel. A acción rebelde. A revelación dunha forma de facer as cousas. Como se cadra saben vostedes xa, “The Rebel” é unha ópera rock, un espectáculo musical combinación de luces, sons, música en directo, voces, baile, cine e teatro que o xoves pasado a iso das nove da noite engaiolou ao público que enchía totalmente