Conta o xornalista, escritor e cineasta Luis Alegre en El País que o pasado venres, 18 de marzo, nun coloquio que mantiveron en Tudela Manuel Jabois e Fernando Savater sobre as claves da felicidade, Savater, que fai un ano que perdeu a causa dun cancro á súa compañeira, a profesora, documentalista e cinéfila Sara Torres, coa que asinou o seu último libro, Aquí viven leones, afirmou nun momento da conversa, evocando á filósofa e ensaísta Celia Amorós: «Si el amor no es fou (tolo), no es ni fu ni fa». Como case todo nesta vida, penso eu, polo menos no que respecta ás cousas importantes.
No mes de febreiro pasado, nun fermoso artigo que lle dedicou a Cesare Pavese, á súa frustación erótica —a «acha (astilla) na carne», da que falou Kierkeggard— e ao suicidio, citaba Savater dúas frases do escritor italiano moi reveladoras: «Vendrá la muerte y tendrá tus ojos» e «No se mata uno por amor de una mujer. Uno se mata porque un amor, cualquier amor, revela nuestra desnudez, miseria, desprotección, nada». Non lle falta razón a Savater cando di que o ton de Pavese hoxe resulta escandalaloso.
1 comentario en “Amor”
Que me vas a contar a mi.