Semella que ás letras galegas (e seguro que ás de tutti quanti) fáltanlle lectores como aqueles que describía don Ramón Otero Pedrayo nun artigo, “O labio dos libros”, publicado en A Nosa Terra, en 1928:
«Eternos estudantes sin ouxeto preciso, viven sempre na curiosidade da adolescencia. Non lle piden ôs libros nin sona, nin proveito […] Sendo moito máis que o público corrente non chegan a exercer un maxisterio, pol-o menos conscentemente. Por egoismo, por ledicia, por homildade, ou por preguiza. Perderían o millor do seu ser, pois son sustancia viva, coloide, que non se quer vertebrar e moito menos cristaizar. No vivir especializado d’hoxe gardan un aristocratismo preguizoso, desinteresado, unha especie de antigo réxime que se mantén c’o traballo dos esquirtores e dos artistas. Percorrendo os catálogos crean cada día os praceres pr’o seguinte, e cando as urxencias do vivir lles obrigan a adoitar unha profesión fanno ca vergonza e a door da independenza perdida».
Alfonso Mato