Todo ese discurso tan profundamente español (ou hespañol, por empregar a a variante federalizante de Castelao –da mítica e antiga Hispania-, para que me entendades todos, nacionalistas, federalistas e autonomistas de todo tipo) de rexeneracionismo e de limpeza (unha das últimas: hai que limpar os sindicatos, di o líder de Podedes, referíndose as presuntas implicacións de dirixentes sindicais en delitos; non denuncialos ante a xustiza, para que se cadra os xulguen, senón limpalos, “eliminalos”, como fixeron, salvando as distancias, Xehová cos impíos de Sodoma e Gomorra ou os dirixentes nazis e comunistas con todos aqueles que non cumprían co establecido por eles), tan absolutista e tan reaccionario, tan cheo de palabras sagradas, moi semellantes ás que din combater os que as pronuncian, os bos e xenerosos que sempre se escudan nun “Nós”…, esquecendo, como di Ferlosio, que «Nosotros es una persona como Yo, y, si cabe, muchísimo peor persona». E que, como tamén apunta o vello samurai pechado na súa cabana –asi caracterizaba onte Azúa en El País a Ferlosio:
«-Malo es ser de los nuestros.
»-Peor es ser de los buenos».