Desculpade a miña misantropía (ando en busca de cura). Un dos meus momentos preferidos de calquera sábado ten lugar sobre as oito da tarde, cando busco un dos cada vez máis escasos bares de viños decentes (a “crise” arraxa con todo) e me dedico a repasar a prensa en papel que non merco (só continúo pagando polo diario socialdemócrata; sen saber moi ben por que), sobre todo a carta de Arcadi Espada en El Mundo. Hoxe, a pesar das circunstancias azarosas –alegreime de verte, constelación de pecas-, non deixei de facelo. Ler a Arcadi Espada é unha das cousas que calquera persoa adicta ao xornalismo (á realidade) e á súa crítica non debería perderse, aínda que algunhas veces un non comungue de todo coa súa apoloxía da ciencia e do presente. Que razón leva no artigo de hoxe cando afirma que non houbo unha época mellor ca actual na historia da humanidade. É algo que xa mo dicía o meu pai, con toda a razón e o sentido común que che da a fráxil experiencia persoal. Mágoa que esa verdade non nos chegue para afrontar os moitos problemas do presente.
Arcadi Espada
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir