Chega á terraza malfadado, algo peneque e valentón –unha redundancia- por non ter tido ocasión de cumprir o ritual de todos os anos, manifestarse no día da patria, a causa do accidente ferroviario: “-Moitos máis morreron asasinados na guerra civil polos fascistas e ninguén os chorou”, dille á patroa do bar, vella coñecida, que manexa a situación con man esquerda e oculta que a súa filla acaba de perder a dous amigos no sinistro. Un home máis novo, que o acompaña, intenta quitarlle ferruxe ao asunto e comenta que a culpa é dos sátrapas do Estado e que, ademais, as vítimas son galegas e pagaron o billete de tren a prezo europeo e os que tiran proveito da situación son os Rajoy, Feijoo, Rubalcaba… Estes hegelianos de esquerdas que só son quen de “chorar” aos mortos caídos por unha causa ou unha ideoloxía.
25 de xullo (noite)
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir