O decálogo que adxunto a continuación pilleino dun interesante traballo de Luis Andrés Gimeno Feliu, “El Derecho a la sanidad. Diagnóstico y propuestas”, no que denuncia a privatización do sistema sanitario e defende o Modelo de Sistema Nacional de Saúde ou Modelo Beveridge, implantado na Gran Bretaña despois da 2ª Guerra Mundial. Este modelo considera a atención sanitaria como un dereito humano universal e polo tanto avoga por un sistema sanitario de cobertura universal (tes dereito só polo feito de ser cidadán) financiado vía impostos xerais do Estado (como son financiadas a educación, a xustiza, a seguridade, a defensa…) e sen copagos (ou mínimos) no momento de recibir a atención. Está vixente en países como Reino Unido, Canadá e países nórdicos. España asumiu este modelo a partir da Ley 14/86 General de Sanidad. En xeral, é considerado o mellor modelo por obter os mellores resultados en saúde, ser equitativo e máis eficiente (entendida a eficiencia como a obtención de mellores resultados a un mesmo custe) que todos os demais.
Como apunta Gimeno Feliu, acostumados a ler consellos das autoridades sanitarias públicas relacionados coas condutas individuais (non fumar, non beber alcohol, alimentarse ben, vacinarse, facer exercicio físico), non está de máis presentar un decálogo que apunta aos determinantes sociais da saúde. Tomade nota.
1. No sea pobre. Si puede, deje de serlo. Si no puede, trate de no ser pobre por mucho tiempo.
2. No viva en un área con privaciones, múdese.
3. No trabaje en un empleo manual estresante y mal remunerado.
4. No viva en un vertedero, en una vivienda de mala calidad o en la calle.
5. Sea capaz de pagarse unas vacaciones anuales.
6. No pierda su trabajo.
7. No tenga padres pobres.
8. Reclame por todos los derechos que le corresponden si está enfermo o desempleado.
9. No viva cerca de una carretera congestionada o de una fábrica contaminante.
10. Aprenda a rellenar formularios complejos de subsidios antes de quedar indigente.