De algunos asistentes, casi todos ellos por lo que se ve en el documento fotográfico de LR personas jubiladas, clase privilegiada actualmente en razón de la quiebra económica del país, prefiero no hablar, porque entiendo están deslegitimados para representar la voluntad popular. Miguel, Manolo y Palacios ¿por qué carallo no os retiráis ya y aceptáis vuestros graves errores en lugar de aparentar un interés por lo público que no tenéis, a mi modo de ver?.
Adenominación de Universidade Popular soaría hoxe equívoca e excesiva senón fose debedora dunha certa tradición de inicios do XX de chamarlle así, a iniciativas de alfabetización e promoción cultural en mans de particulares ou do poder local. En Galicia, hai dúas, na Illa de Arousa e Ourense. En España, a Federación de UP agrupa 231 iniciativas de concellos, sobre todo do centro sur da Península.
A profesora Carmen Benso Calvo, nun artigo titulado “La Universidad Popular de Ourense”, publicado en 1999 na revista Sarmiento, anuario galego de historia da educación, dá a coñecer documentación interesantísima sobre as ideas de difusión cultural promovidas polo seu impulsor, o profesor Eduardo Moreno López, catedrático de Xeografía no Instituto do Posío e que tan importante foi para a vocación futura de Otero Pedrayo. Home ligado á Institución Libre de Enseñanza e ao progresismo republicano, no ano 1906 presenta aos Xogos Florais de Ourense os seus “Medios prácticos para difundir la cultura en la provincia de Orense”. Sinala Moreno que existían dúas iniciativas a nivel mundial que eran as Extensións Universitarias e as Universidades Populares “para cumplir la misión nobilísima de hacer llegar a las más bajas capas sociales los beneficios de todo género que la Ciencia y el Arte proporcionan. Sacar a la primera del aula oficial, y al segundo de los museos y conservatorios, para lanzarlos en plena calle, al aire libre, donde todos, sin limitaciones de ningún género, puedan tener una y otra a su alcance, he ahí el nobilísimo propósito que anima a los espíritus cultivados de nuestros días y el que parece ser sello distintivo, nota característica del siglo que alborea”.
E que vén sendo, para el unha UP? “… sencillamente, una asociación de hombres de buena voluntad y amantes del saber que se agrupan para difundir la Ciencia y el Arte, organizando cursos, lecturas, conciertos, conversaciones (causeries) visitas a museos y fábricas, empleando en fin, los medios más sugestivos e intuitivos que la Pedagogía aconseja para vulgarizar los conocimientos”. Despois de sinalar que nin precisa instalacións (“sus aulas, sus salones de lectura, pueden ser los de los centros oficiales de enseñanza, las de las sociedades que quieran facilitárselos, los museos, las fábricas, cualquier sitio en que se quieran congregar uno que explique y varios que atiendan”), sinala que mellor cursos que conferencias, e que un dos problemas é a escolla de materias.
O caso é que catro anos máis tarde, en 1910, organízase unha UP en Ourense, promovida polo Centro Obrero, en instancia asinada por José Conde Vide, no que as materias serían: Lectura, Caligrafía, Aritmética elemental, Nociones de Física y Química, Geografía, Nociones de derecho político y obrero y Dibujo. Contaría, seica, cun plantel de luxo de voluntarios: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Florentino Cuevillas, Eugenio López Aydíllo, Juan de Contreras Lobit, José López Darriba e Hipólito S. Luengo.
José Conde Vide, masón e activo socialista, tiña alugada o primeiro piso da súa casa da rúa Reina Victoria 30, á Escola Laica Neutral (1908-1936) e, desde 1922, o baixo para a primeira igrexa evanxélica da cidade.
En fin, o caso é que esta iniciativa inicial de UP non debeu callar, pois non se dá rastrexado na prensa, aínda que sería, dalgún xeito, o antecedente do Ateneo fundado en setembro de 1914 no Instituto, “o de Gaite”, coa participación entre outros, das Sociedades Obreiras.
Por suposto, as actuais iniciativas de extensión cultural do Concello de Ourense, co histórico nome, deben seguir. Sanidade, educación e cultura son sempre investimentos en benestar e futuro. Hai miopías peores cá dos ollos.