La noticia la leemos de E.P. | OURENSE | y nos la pasa un amigo escritor del bando de la Resistencia ourensana al pensamiento único. Dice así:
Durante o acto, que tiveron lugar nas instalacións do Centro Cultural Marcos Valcárcel da capital das Burgas, o autor defendeu a súa intención de “unir” a obra de Camilo José Cela coa provincia e dar vida a unha publicación que “motive lectores e profesores a estudar a relación” de Cela con Ourense.
Con este obxectivo, a obra de Caneiro detense especialmente no libro ‘Mazurca para dous mortos’ como exemplo do “vínculo” de Cela coa provincia, xa que está ambientado na bisbarra do Carballiño.
Para o autor, esta obra representa ‘A novela do rural galego segundo Camilo José Cela”, e foi o libro “que máis creceu de toda a súa bibliografía” ata conformar un “triángulo fundamental xunto a ‘A familia de Pascual Duarte’ e ‘La Colmema’.
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, reivindicou o apoio ao libro de Caneiro coa intención de “achegar a obra e a figura” do autor coruñés ás novas xeracións e coincidindo coa conmemoración do centenario do nacemento de Cela.
Baltar tamén coincidiu en sinalar ao premio Nobel como “un referente indubidable de ourensanía” e xustificouno en que “unha das obras máis importantes” do autor está “ambientada en Ourense”, ademais de estar “emocionalmente escrita” en clave de Ourense”.
A publicación, xunto a tres conferencias que se desenvolverán en distintos puntos da provincia, pecharán os actos de homenaxe que a Deputación organizou con motivo do centenario do nacemento de Cela.
Foto de Miguel A. Villar en La Voz de Galicia