Valle-Inclán segue a ser unha caixa de sorpresas. A última da que se deu conta leva o nome de “Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916)”. Este manuscrito inédito pode ser xa lido polos lectores nunha edición especial, con estudo incluído, trala súa conservación durante un século pola familia Valle-Inclán Alsina. O volume -que nace dun pequeno caderno de notas que levaba o escritor- recolle as súas observacións e impresións cando visitou varias frontes da I Guerra Mundial, en abril de 1916 en Francia. Neste país, pasou dous meses e nese tempo escribiu para si mesmo sobre os efectos da guerra.
O caderno, convertido en libro, convertiuse dende onte -cando se presentou en Santiago de Compostela- no volume 11 da Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela.
- Sección: Noticias
- Publicado el 21 junio 2016
- Por Moncho
Inédito de Valle Incl
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir