La semana pasada fallecía el Padre Isorna y uno que hereda textos manuscritos de distintos personajes, como éste del Padre Isorna con motivo de una espadaña nueva al tiempo que el bautizo del primer nieto de mi progenitor, los guarda y los comparte con quien guste leerlos. Aquí va, pues, el texto del Padre que tituló:
Festa da campana nova do casal da Mirteira
Manoliño querido. Padriños. Pais, abós, irmáns, tíos e curmáns. Amigos todos.
Coido que neste día o mundo está de festa. Está de festa, Manoliño, o mundo enteiro polo teu nacemento. Cando nace un neno, penso que, con él, nacemos todos de novo. A humanidade renace na vida noviña de cada neno que aparece neste mundo.
Galicia entoa cántigas de ledicia envoltas hoxe neste sol de setembro, tan bon para vestir de ouro e pra encher de zucre o corazón las uvas da nosa terra. Ourense síntese tamén neste intre novamente bautizado e renacido nas augas do río Miño. Augas nobres, por certo, alá baixo os arcos da Ponte, pero que olladas dende a Mirteira son augas novas ainda neste cale do Lonia brincadeiro; augas que alá arriba, escoitadas dende a Residencia da Nosa Señora do Cristal semellan latexos silenzosos de vida que aporta o Barbaña ó devandito noso río abó de Galicia.
Non se pode falar de bautizo sin auga. Por eso, eu estou agora mesmo a lembrar as augas de Ourense, que son amigas e irmáns, da auga de toda fonte bautismal que hoxe puso novedá e fermosura de vida divina no corpo e na alma do noso Maoliño. Hoxe, con ese nacemento de Manoliño a vida, e a historia, estreamos con il, vida nova e historia nova. Coa sua nacencia, sinte cada ún de nós, bicos de amanecida no propio corazón. O seu nacemento ten frescura de alborada para a nosa propia vida.
Ben sabemos todos que, con Manoliño, nace tamén hoxe eiquí a unha vida nova, no colo doaire, e baixo os bicos do sol, esta campana da Mirteira. O bautizo de Manoliño orixinou o bautizo desta súa irmán a campana deste casal da Mirteira. Ela saberá ser irmán de Manoliño na vida e na historia. Ela terá voz, e corazón, latexo e acento para axudarlle a compartir a súa misión e adequerir o seu destiño.
Tódalas campanas cando son bautizadas adequiren un nombre propio igual que os cristiáns. Alá en Mondoñedo temos ainda via a Paula, en Lugo a Froilana, en Santiago á Salomé… Hoxe, eiquí na Mirteira, é bautizada, con padriños propios, a Manoliña, que para nós sempre terá voz de nena, porque se parecerá o alento dun anxo.
Nos anales desta casa dos Sres Conde Corbal e Texada ten se que notar con raiolas de sol ou papel de escribano a data do nacemento de Manoliño e tamen a xesta do bautizo da sua irmán a camapana dea Mirteira.
Otero Pedrayo coñeceu un irmán de nacemento en Trasalba no albre que plantou seu pai, como lembranza posta de pe, ergueita, e sempre verde se dereitara das outuras. Manoliño tamen coñoce hoxe unha irmán que ten voz, alento, peito, e ritmo igual que un corazón:a campana da Mirteira.
A sua presencia espresa toda unha historia humán:
‘Vox mea, vox vitae,
voco vos ad sacra: venite.
Laudo Deum verum, pleben voco,
congrego clerum.
Defuntus ploro, nimum hugo,
festa decoro’
Poucas criaturas como as campanas son fortes em poder de convocatoria. Ela sempre nos chama as grandes etapas da vida humán. Moi boa amiga do home é a campana. Na sua voz adepende ún a voar igoal que un paxariño. E no seu alento síntese un confortado pola presencia protectora dun anxo. Todo home amigo das campanas remata sendo amigo dos anxos, e bo amigo de Deus.
Que a nosa irmán da Mirteira nos agarime sempre con estos sons: que son camiños de amistade humán, galega e cristián. Así sexa.
Ourense, 5-9-1977