Concierto de jazz el sábado 16 a las 20:30H.
O guitarrista Virxilio da Silva comeza a súa formación no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Posteriormente obtén a licenciatura nesta especialidade na ESMAE do Porto. Grava o primeiro disco en formación de trío no ano 2005 (S.0.S Trio : 106 Underground St.) e no 2009 edita o seu primeiro traballo como líder, Odysseia, con WalterSmith III, MarcusGilmore, DerekNievergelt e Xan Campos. Ademais ten colaborado en numerosas gravacións como sideman ao longo dos últimos dez anos. Vén de rematar o pasado mes de Xuño os estudos do master europeo EUJAM no Conservatorium van Amsterdam, ConservatoireSupérieur de Musique et Dance de Paris e RhythmicMusicConservatory de Copenhague. Dicen de él que es uno de los mejores guitarristas actualmente en España.
Nesta ocasión, Virxilio vai presentar os seus últimos traballos, froito destes dous últimos anos de procura e experimentación, unha música cuxas influencias van desde o rock máis psicodélico e ácido de finais dos sesenta até o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise e o stonerrock. Unha música que ten como máxima a procura da liberdade alén da súa clasificación nun xénero determinado e que aspira, por enriba de todo, a manifestar a súa esencia subversiva.
Xan Campos: Rhodes, sintetizadores.
ÁlexSalgueiro:ÓrganoHammond, sintetizadores.
FelixBarth: Baixo eléctrico.
Iago Fernández: Batería
Virxilio da Silva: Guitarra eléctrica.