AS CAIXAS BALEIRAS
Ademais das típicas e tópicas predicións de futuro ás que son adictos algúns economistas, sociólogos, politólogos, filósofos e científicos, semella que a pandemia tamén está producindo un regueiro de diarios, artigos e artefactos literarios e artísticos que ameazan con converter o panorama cultural nun enorme confesionario de experiencias vitais do confinamento, como se non abondase xa coa desmesura expresiva que mostramos nas redes sociais, onde cada vez máis persoas, en maior ou menor medida,