Convocados á esperanza (Andrés Torres Queiruga)
De repente, un pequeno virus conmove o mundo, facendo de todos (pan-) un só pobo (-demos): por primeira vez, unha «aldea global». Conmove ata os alicerces, facendo que vaian caendo, unha a unha, casas de papel, seguridades ocas, preocupacións de superficie. Descobre tamén o fondo máis verdadeiramente humano, na explosión inesperada de xenerosidade fraternal que nos une fronte ao sufrimento e á morte. Impón o reinado do que a psicoloxía chama o principio de realidade,