DEL DIARIO DE UN APOSENTADO II (Aposentado: en portugués, xubilado)
1.- Volvía do paseo mañanceiro de “aposentado” contando as conversas que escoitaba da xente coa que me cruzaba ao chou e anotando mentalmente as que falaban en galego e as que o facían en castelán. Era un barrio periférico popular pero aínda así foi unha sorpresa o resultado: de 65 conversas, 57 eran en galego, iso sí, case todos os galegofalantes eran de idade media ou maiores, cousa nada estraña pois é o que