O Colexio de Xornalistas reclama aprobar unha lei de transparencia galega e avanzar no dereito de acceso á información
Con motivo do Día Internacional do Dereito a Saber, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembra a necesidade de avanzar no dereito de acceso á información e reclama a aprobación dunha Lei de Transparencia de ámbito galego. Este mércores 28 de setembro celébrase o Día Internacional do Dereito a Saber, unha xornada conmemorativa establecida en 2002 para concienciar á poboación sobre a importancia do dereito á información e