BEETHOVEN E A MUIÑEIRA
Non son poucos os músicos clásicos que fixeron da música popular ou folclórica a fonte das súas sinfonías, concertos ou ballets. Mahler, Stravinsky, Ravel, Brahms, ou Falla están entre eles. O caso contrario acontece tamén nalgunhas ocasións e melodías que naceron nas salas de concerto ou nas óperas pasan a ser pezas anónimas populares das que moitas veces ninguén lembra a súa orixe como o Himno á alegría de Miguel Ríos ou o Concerto de